MARCO CONCEPTUAL
ACTUALIZACIÓN DO
MERCADO LABORAL
O
mercado de traballo está composto por oferta e demanda de emprego, o seu
equilibrio é o que vai marcar ás persoas que están no proceso productivo e a
causa do paro.
Os
indicadores de mercado segundo a EPA para min son relativos, porque unha persoa
que traballou durante unha hora a semana anterior a enquisa non debería ser
considerada como ocupada, porque hai moitos casos, sobre todo en algunhas
profesións como no SAD estas persoas ó estar consideradas ocupadas non poden
beneficiarse dos servizos que son prioritariamente para persoas desempregadas,
para mín as persoas que están traballando a tempo parcial deberían ter outro
tipo de consideración. O mesmo que as persoas que están inactivas penso que no
SPE debería haber unha clasificación para detectar estes casos, para que non
estiveran mal gastando recursos que poidan aproveitar as persoas activas.
Entre
moitas outras cousas coñecer o mercado de traballo da zona é imprescindible
para facer labores de orientación, aínda que moitas veces estamos limitados de
tempo para contactar coa rede empresarial e só podemos limitarnos a información
de publicacións, en ocasións sesgadas debido a limitación xeográfica e a orixe
dos datos. O mesmo que nos novos xacementos de emprego identificados, eu penso
que son relativos porque podes telos en conta a nivel global, pero o orientador
ten que facer unha labor de investigación localmente, porque dependendo de onde
vivas cambian os posibles xacementos. No caso dos perfís profesionais, os
observatorios fan un bo traballo que eu utilizo, pero hai moitos que non están
publicados nen actualizados e que realmente tes que ti coñecer ás empresas e os
seus perfís facendo unha prospección local da rede empresarial, para o cal hai
pouco apoio. A clasificación das ocupacións CNO 2011, eu pensó que non están
todas recollidas e tampouco de xeito adecuado (porque moitas veces hai ocupacións
específicas que poderían estar englobadas dentro doutras), isto conleva que os
demandantes de emprego non poidan rexistrarse nas ocupacións que desexan (senón
nas máis parecidas) e os ofertantes de emprego solicitan ocupacións con perfís
que moitas veces non están codificados polo que a intermediación non é
adecuada. Pero a gran asignatura pendente do SPE é a prospección empresarial.
A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO Ó MERCADO LABORAL
A
orientación tamén ten que ter en conta o emprendemento e a sua evolución, sen
esquecer que non temos unha cultura emprendedora, eu penso que a crise fixo que
algunhas persoas vexan o emprendemento como unha saída ó desemprego, moitas
veces precipitada pola sua situación, isto non leva a conseguir o obxectivo desexado.
Na
actualidade non se fomenta moito o emprendemento a través da
educación (aínda que existen algunhas experiencias como o plan de eduemprende), ademáis os trámites e o tempo empregado na xestión inicial, levan a
desistir da idea, pero o grande e real problema é a falta de financiamento
O
noso modelo produtivo e educativo levounos a unha calidade do emprego baixa, a
nivel político é unha prioridade estratéxica, polo que se ten que traballar de
cara a un cambio na educación, a promoción do emprendimento e a motivación
persoal. A economía social pode ser unha alternativa acertada, por exemplo para
as zonas rurais.
O
emprendedor debería ter unhas características persoais e profesionais que non
sempre existen e os motivos son diversos.
Deberíase
valorar as ventaxas e inconvintes de xeito obxectivo.
A
idea empresarial para que sexa un éxito ten que ter un valor engadido ademáis
de solventar ou crear unha necesidade, unha das primeiras fases é desenvolver
minuciosamente un plan de empresa.
Aínda
que o orientador debería estar presente en todas as fases da creación de empresa,
eu penso que na maioría dos casos a realidade non é esa, pódese estar presente
na primeira fase, pero normalmente deríbase a profesionais ou institucións
especialistas na materia, o orientador fai en algún caso un acompañamento xeral,
sempre tendo en conta as pautas de comportamento do decálogo de actuación
mostrado.
ACTUALIZACIÓN DO MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL
O
Servizo de emprego público estatal (SEPE) a través da sua organización e
estrutura intenta desenvolver as suas competencias e entre elas está “prestar
especial atención á coordinación entre as políticas activas de emprego e as
prestacións por desemprego”, pódese dicir que na actualidade aínda queda moito
que traballar neste senso, posto que hai xestións que se duplican por parte do
demandante, incluso a hora de intervir tanto os orientadores como os centros
asociados están limitados, cómo no alcance ó acceso e a xestión da información.
O Servizo Público de Emprego de Galicia
(SPEG) xestiona a execución das políticas activas de emprego en Galicia, para
iso utiliza a súa propia estrutura e ós centros colaboradores (estes últimos en
materia máis ben de orientación laboral, porque a captación e tratamento das
ofertas de traballo faise de xeito informal e de maneira indirecta e limitada, igual
que a intermediación). SPEG utiliza o SISPE como instrumento técnico de
intermediación a nivel nacional.
Os
instrumentos de coordinación a nivel europeo é a Estratexia Europea de Emprego
2020 e a nivel nacional son o catálogo de servizos común e a estratexia
española de emprego, penso que neste senso Galicia ten que implicarse máis en
moitos puntos se quere conseguir os obxectivos previstos, sobre todo no que se
refire a eficacia nos servizos ás empresas, porque ten unha relación directa
coa inserción efectiva dos traballadores desempregados.
Para saber máis; EPA
Instituto Galego de Cualificacións
CNO 2011
Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia
Confederación Empresarial Española da Economía Social.
CIRCE
SEPE
Para saber máis; EPA
Instituto Galego de Cualificacións
CNO 2011
Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia
Confederación Empresarial Española da Economía Social.
CIRCE
SEPE


Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /
ResponderEliminar